Andrés Muruais. Orixe da fotografía: Wikipedia.

Todas as autorías > Andrés Muruais

Andrés Muruais

Biografía

Andrés Muruais Rodríguez (1851-1882), nado en Pontevedra, foi escritor, xornalista e político. O seu irmán era Jesús Muruais (1852-1903), tamén escritor e xornalista.

Licenciouse en Medicina e Cirurxía na Universidade de Santiago de Compostela en 1874 e frecuentou as reunións da sociedade La Galicia Literaria, que tiñan lugar en Madrid na casa da poeta Emilia Calé.

Foi un dos impulsores da prensa diaria en Galicia e colaborou con diversos xornais como El Eco de Pontevedra e El Lérez, entre outros. Ademais de fundar en Pontevedra o semanario El Independiente (1881-1882).

Escribiu poesía en castelán e algúns poemas en galego, e cultivou o teatro e a zarzuela. A súa obra caracterízase polo seu costumismo e imaxinación.

Obras destacadas

  • Cantos inarmónicos (1874, El Porvenir).
  • Percances de un viejo verde (1874).
  • La hija del timonel (1878, El heraldo gallego).