Todas as autorías > Ana Vigo
Ana Vigo
Biografía
Ana Vigo (1992), naceu en Pontevedra e estudou Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu como documentalista e redactora en televisión e medios dixitais, tratando temáticas culturais.
Escribe desde nena, e en 2015 publicou o seu primeiro relato na revista Contos Estraños. Dende entón, colaborou en diversas antoloxías, como La isla del escritor (2016), Ulises en la Isla de Wight (2016) e Semillas del bosque (2017).
En 2016 vía a luz a súa primeira novela, La búsqueda de los Dioses, unha historia a medio camiño entre a fantasía, a novela negra e o thriller.
Sempre no ámbito da literatura infantil e xuvenil, en 2018 publicou La guerra Súcrea, unha aventura espacial de corte pacifista.
Obras destacadas
- La guerra Súcrea (2018, Tierra Editorial).
- Erica (2022, Galaxia Editorial).
- O rescate do unicornio (2025, Edicións Xerais), con ilustracións de Paula Cheshire.