Todas as autorías > Álvaro Domínguez
Álvaro Domínguez
Biografía
Álvaro Domínguez Rodríguez-Volta (1986) naceu en Pontevedra. Publicou relatos curtos en portais dixitais como Amateurs Hotel e The Barcelona Review, e escribiu diversos artigos para Pikara Magazine sobre a diversidade sexual e de xénero. Foi un dos finalistas do premio Cosecha Eñe 2017, convocado pola revista Eñe.
Despois de cursar o Máster de Edición Universidad Autónoma de Madrid-Taller de Libros traballou no mundo editorial en calidade de lector de manuscritos, corrector, tradutor e tamén en prensa. Historiador da Arte de formación, na actualidade dedícase ao ensino.
Obras destacadas
- Veintitantos problemas (2017, Editorial Tandaia).
- Asalto a Oz. Antología de relatos de la nueva narrativa queer (2019, Editorial Dos Bigotes), colaborou co relato La pareja.
- Cristais rotos (2023, Edicións Embora), premio Xosé Neira Vilas de novela curta.