Todas as autorías > Alberto Fortes
Alberto Fortes
Biografía
Alberto Fortes (1964) é un escritor natural de Pontevedra, que traballou de patrón de pesca de altura desde os 22 ata os 27 anos, despois foi axente do Servizo de Vixilancia Aduaneira.
Ten unha longa carreira literaria, na que habitualmente fai referencias ao mar, á historia e á literatura. Amargas han sido las horas (1998) é a súa primeira novela publicada e a súa primeira obra en galego é O violín de Sarasate. Un caso de Sherlock Holmes (2002), ambientada en Pontevedra. Tamén colaborou en publicacións colectivas.
Obras destacadas
- Amargas han sido las horas (1998, Península).
- O violín de Sarasate. Un caso de Sherlock Holmes (2002, Edicións do Cumio).
- O corsario. Vida e tempos de Juan Gago de Mendoza (2005, Edicións Xerais).
- Memorias de Ravachol (2007, Paradela 10).
- Crónicas de San Domingos (2007, Paradela 10).
- O verán de Lucenza (2020, Edicións Xerais).
- A viaxe xeométrica de Domingo Fontán (2021, Laiovento).
