Todas as obras > A vida de lonxe (Historias para coñecermos Pontevedra: Alameda)
A vida de lonxe (Historias para coñecermos Pontevedra: Alameda)
Sinopse
Nun encontro casual, o cruzamento de miradas serve para iniciar unha conversa. As palabras son coma un feitizo que sacan á luz lembranzas que a protagonista tiña agochadas. A reunión interrómpese de súpeto, é hora de marchar. Aínda hai moito do que falar. Mentres, a vida cotiá transcorre nas rúas, nos bares e nos cafés do Ensanche pontevedrés como un actor secundario que envolve os protagonistas. A seguinte cita non será tan doada.
Cita
“Pasei varios días falando de Amelia. Aos meus amigos, á miña familia e mesmo no traballo. Sentíame conmocionada tras coñecela e pensaba a cada momento nela; que estaría a facer, que anécdotas estaría a contar e todas as que non lle contei eu.
Amelia tivo tantas vivencias para compartir aquela tarde que apenas puiden explicarlle que eu tamén escribía poesía. Só unha e de tan só seis estrofas, pero que ese foi o comezo da miña paixón pola escritura había xa máis de seis anos.”