Todas as obras > A pantasma de Lourizán (Historias para coñecermos Pontevedra: Lourizán)
A pantasma de Lourizán (Historias para coñecermos Pontevedra: Lourizán)
María Varela
Editado por: Editorial Elvira
Ano de publicación: 2023
Sinopse
A veciñanza de Lourizán aproveita a casa de baños no areal de Praceres na tempada de verán, a conversa en boca de todos é a inminente visita real á vila pontevedresa. Mentres, persoeiros da política e xentes da alta sociedade frecuentan o pazo e xardíns de Lourizán e mesmo gozan da paisaxe e dun entorno espectacular, pero un feito inesperado racha coa rutina estival.
Cita
“«Pantasmas, que parvadas!», rira o Cuco de Lourizán, o señor daquel lugar, cando o seu mordomo lle advertira de que algunha das doncelas que traballaban na casa tiñan medo porque escoitaban pasos e ruídos estraños na madrugada.”