Todas as obras > A pantasma da Ínsua (Historias para coñecermos Pontevedra: Illa das esculturas)

A pantasma da Ínsua (Historias para coñecermos Pontevedra: Illa das esculturas)

Santiago Lopo
Editado por: Editorial Elvira
Ano de publicación: 2023

Sinopse

O protagonista olla uns códigos qr pegados ás esculturas da insua e accede a un podcast, que coñece moitas situacións da súa intimidade que só el sabe. Semella cousas de pantasmas…

Cita

“Alguén pegara sobre a escultura un papel que amosaba un código QR acompañado dun tentador verbo en imperativo: ATRÉVETE. «Serán os restos dalgunha xincana para nenos da fin de semana», pensou o corredor sen lle dar máis importancia. Porén, cando puxo os auriculares e colleu o móbil coa intención de escoitar a radio, a curiosidade fíxolle fotografar o código. Inmediatamente, o navegador do teléfono levouno a unha páxina en branco na que só aparecía un reprodutor en miniatura, sen máis información. Ulises premeu no play e así foi como empezou a súa odisea.”