Todas as obras > A filla das ondas

A filla das ondas

Fina Casalderrey
Editado por: Concello de Pontevedra
Ano de publicación: 1999

Sinopse

Coñece a historia, as lendas e o patrimonio de Pontevedra a través do misterio e da aventura.

Cita

“Unha rapaza xogaba na fonte que está diante da igrexa. A Froiaz estrañoulle que andase soa a aquelas horas. Cantaruxaba e batuxaba cos pés na auga con tal enerxía que salpicaba as torres do escudo que adorna a fonte. É o escudo da cidade.
Froiaz abriu a ventá. Algunhas muxicas das fogueiras aínda bailaban naquela espléndida noite meiga. Un aire fresco entroulle polo nariz, fíxolle cóxegas e espirrou. A rapaza, sen se sorprender, mirouno coma se o estivese a agardar. Froiaz non dixo nada, pero reparou nela. Os cabelos mouros cubríanlle o peito e as costas, parecían de charón. Os seus pantalóns prateados relucían coma a pel mollada dun golfiño.
– Veño buscarte, Froiaz. Baixa! – faloulle ela.”