Todas as obras > A coidadora de outonos (Historias para coñecermos Pontevedra: Lérez)
A coidadora de outonos (Historias para coñecermos Pontevedra: Lérez)
Sinopse
Vicente e Catuxa son irmáns, precisan axuda para ter conta da súa nai, a señora Ilda, e, así, poder organizar as súas vidas. A procura desa persoa leva a Vicente a diferentes lugares da parroquia ata dar con Rosa.
Rosa e a señora Ilda comezan unha relación na que a liña entre coidadora e persoa coidada dilúese decontado. Unha obra que reivindica os coidados baseados nos afectos e na igualdade, á vez que reflexiona sobre o papel silenciado das mulleres como coidadoras.
Cita
“Onda a nova rotonda do Arco, unha ambulancia atravesa o silencio da madrugada con filigranas azuis cara ao Hospital de Montecelo. O san Bieito, ben iluminado no frontal do egrexio mosteiro de San Salvador, mantense impertérrito alleo a todo drama. É domingo e, coma todos os domingos de inverno ás tres da mañá, Lérez dorme. Ata os cans e os gatos permanecen inactivos a esta hora.”